28/2/07

Videoteca


Esta semana recomendamos unha das mellores películas que podes atopar nos fondos da Biblioteca.

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN
Director: François Dupeyron


Esta película trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que empeza a vivir e outra que se atopa no final do percorrido. Entre un neno, Momo, que foi abandoado por un pai inepto, e un ancián, Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutinaria detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. Premio ao mellor actor no Festival de Venecia (2003).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Existe o libro en galego está moi ben.
É de Faktoriak como O neno do pixama a raias.
A nós tamén nos gustou.

LinkWithin