19/4/08

Mes de Abril : Shakespeare.


Ó longo deste mes, especialmente a vindeira semana e coincidindo co Día do Libro, lembraremos a figura de William Shakespeare. Podedes atopar información sobre o autor e a súa obra nos moitos traballos que levastes a cabo moitos de vos e que estarán expostos no centro ata finais do mes de abril. Entre eles podemos coñecer a súa vida (en imaxes e en textos), frases célebres (en inglés, galego e castelán), resumos das súas principais obras, retratos de personaxes , unha pequena representación teatral, lecturas dramatizadas, carteis de películas baseadas nas súas obras, unha maqueta do Teatro Globe,... e ata podedes facervos fotografías vestidos de época.

Tamén faremos un pequeno Ciclo de Cine a vindeira semana. As películas seleccionadas son as seguintes:

- O luns 21 proxectarase "Shakespeare in love" (1993). Dirixida por John Madden e protagonizada por Geoffrey Rush, Gwyneth Paltrow e Joseph Fiennes.

- O martes 22 poderemos ver "Romeo y Julieta" (1968). Dirixida por Franco Zeffirelli e interpretada por Olivia Hussey, Leonard Whiting e Milo O´Shea.

- O mércores 23 asistiremos á proxección de "El mercader de Venecia" (2004). Dirixida por Michael Radford e protagonizada por Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes e Lynn Collins.

- O xoves 24 proxectarase "Mucho ruido y pocas nueces" (1993). Dirixida por Kenneth Branagh e protagonizada por el mesmo e Emma Thompson, Michael Keaton e Robert Sean Leonard.

No hay comentarios:

LinkWithin