7/7/08

Cambio climático

Cando vin a película "El día de mañana" ( R. Emmerich, 2004) pensei en que había bastante esaxeración no que alí se contaba. Os efectos especiais eran moi espectaculares : as inundacións, os cambios na meteoroloxía que provocaban temperaturas extremas, ... pero, co tempo, cambiei a miña opinión. Agora vexo que todos aqueles fenómenos que se anunciaban están cada vez máis preto de nos, desgraciadamente. As temperaturas son cada vez máis altas, alterouse o ritmo das estacións do ano, chove bastante menos,... Leo na prensa, en relación con este tema, o seguinte titular : "El Área del Ártico podría quedarse sin hielo en verano en menos de un decenio por el calentamiento global" ( La Voz de Galicia, 5 de julio del 2008).

Que podemos facer ante este panorama? O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental de Galicia ( CEIDA) , http://www.ceida.org/ acaba de editar unha pequena guía sobre o cambio climático na que ademais de explicar en que consiste este proceso e tratar de concienciarnos da importancia das nosas aportacións, ofrece unha serie de ideas que podemos levar á práctica :

- Comprar produtos de orixe local pois reducen o gasto de transporte.
- Evitar o consumo oculto dos equipos eléctricos.
- Usar o transporte público en vez do coche...




Por outra banda, tamén podemos manter limpas as nosas praias durante o verán separando para reciclar. Máis de 140 praias e zonas de baño da nosa Comunidade Autónoma dispoñen de recollida selectiva , así que , a pesar da gravidade do problema, PODEMOS E DEBEMOS COLABORAR!

No hay comentarios:

LinkWithin