6/7/08

El consuelo

Anna Gavalda ( Boulogne-Billancourt,1970) é unha das escritoras francesas máis coñecidas na actualidade. Algunha das súas obras xa foi levada ó cine ( Juntos, nada más) e nestes momentos estase a preparar a versión cinematográfica de La amaba, o seu primeiro libro.

En El consuelo asistimos á reconstrución de varias vidas, sobre todo á de Anouk que enche a novela de principio a fin. Unha muller forte e especial que cambiou a vida de todos aqueles cos que se atopou polo camiño ( Charles, Alexis, Kate...) e que decidiu marcharse e deixar moitas preguntas sen contestar. Charles, amigo da infancia de Alexis, o fillo de Anouk, tratará de reconstruir a súa vida e, ó mesmo tempo, dárase de conta que na súa hai moitos aspectos que deben cambiar ( pasa o día traballando, de avión en avión, síntese coma se estivese fora de lugar na súa propia casa e, en definitiva, ten a sensación de que pode ser máis feliz con menos). O azar fai que coñeza a Kate, outra das persoaxes fundamentais da novela, e entón xa non ten dúbidas do que debe facer.
Nas páxinas 433-435 podemos achegarnos a algunha das reflexións de Charles, despois de coñecer a Kate : " Durante los trescientos ochenta y ocho primeros kilómetros, Charles no pensó en nada más que en esas horas tan cálidas. Puso el piloto automático, y lo asaltó una multitud de imágenes.
Nedra como un pajarillo herido con su mandíbula rota, los nombres de los caballos, la sonrisa de Lucas en el retrovisor, su gran sable de cartón dorado, el campanario de la iglesia, los rectángulos de tiza en los troncos de los castaños, la carta de amor que Alexis guardaba en su cartera, el sabor del Port Ellen...
(...) Durante el último kilómetro , en un París donde el aire era "bastante bueno" según el pronóstico del día, se dio cuenta de que había hecho todo el trayecto de ida obsesionado por la muerte, y el de vuelta, estupefacto ante la vida".
El consuelo
Autora : Anna Gavalda
Ed. Seix Barral, 558 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin