11/7/08

El Ocho

Este é un libro de intriga que ten como tema principal o xadrez. Pero non se trata dun taboleiro tradicional coas pezas que todos coñecemos, senon dun xadrez especial composto por pezas de valor incalculable que pertenceu a Carlomagno e que garda un importante segredo.
A historia comeza no século XVIII, cando na abadía de Montglane, en Francia, a abadesa decide, ante os acontecementos históricos que estanse a vivir por aquel entón, reunir a toda a comunidade e falarlles do xadrez que se agocha entre os seus muros e do seu poder. Ante esta situación, decide que tanto as pezas como o taboleiro saian da abadía e que dúas das súas novicias, Mireille e Valentine, sexan as depositarias de calquera outra das pezas que dalgún xeito poida verse amenazada.
Por outra banda, no século XX, e en EE.UU, Catherine Velis, unha experta en cuestións informáticas, é trasladada a Arxel para desempeñar, sen ela sabelo, un importante papel nesta historia. Unha pitonisa ve o perigo na súa vida e lle aconsella que non se fíe de ninguén.
Estas dúas historias conflúen para tratar de desvelar o misterio, relacionado co mundo das matemáticas (Pitágoras, os números de Fibonacci, Fourier), da física... e, por suposto, do xadrez.
A acción transcorre en varios países ( Francia, Rusia, EE.UU, Arxelia...) e son moitos os persoaxes históricos que aparecen ( Napoleón, Robespierre, Marat, Catalina a Grande...) Todos eles forman parte dun gran puzzle que se vai completando ó final do relato e onde teñen cabida todas as pezas.
. Título: El Ocho
. Autora: Katherine Neville
. Editorial De Bolsillo, 626 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin