13/7/08

Lo que le falta al tiempo



Esta historia, como conta a propia autora, Ángela Becerra ( Colombia, 1957), naceu como consecuencia do que lle contaron uns amigos no transcurso dunha cea. Quedou tan interesada no tema, que decidiu escribir un libro sobre o que alí se falou.


A acción transcorre en París, alí Mazarine, unha muller cun talento especial para a pintura, coñece a Cádiz, un artista ó que parece faltarlle a inspiración dende hai tempo. Ela considérao o seu mestre e esta admiración remata en amor, aínda que a actitude do pintor, preocupado polo recoñecemento da súa obra e cun ego inmenso, fai que ela teña dúbidas respecto ós seus sentimentos. Pascal, o fillo de Cádiz, aparece en escea e namorase de Mazarine. Sara Miller, a muller do pintor, con quen leva casado moitos anos, comeza a ter a sensación de que algo non vai ben entre eles...


Por outra banda, Mazarine agocha un segredo relacionado cos Arts Amantis, un grupo que adora dende hai séculos a unha santa da que pouco ou nada se sabe. Os membros desta secta reúnense clandestinamente, investigan a Mazarine por ser a portadora dun colgante que ten un gran valor e está relacionado coa santa obxecto da súa adoración,...
  • Título : Lo que le falta al tiempo
  • Autora : Ángela Becerra
  • Editorial Planeta, 477 páginas.

No hay comentarios:

LinkWithin