25/8/08

Palabras con memoria

O día 12 de xullo faciamonos eco no noso blog dunha interesante iniciativa que co título de Palabras en perigo de extinción pretende reivindicar termos que temos de noso na lingua para que non se perdan . Hoxe queremos lembrar algunha das palabras que se foron incorporando ultimamente a este listado e o seu significado:


- CAICOA : Igrexa.

- CALANGRO : Barranco, acceso difícil.

- CALTRIR : Sinónimo de filtrar.

- CALZUPOS : ( Ademais doutros significados xa recollidos) Calcetíns gordos de la.

- CAÑUFA : Caña, augardente.

- CARAPITO : Trenza do pelo.

- CAROLA : ( Ademais dos significados coñecidos e recollidos nos dicionarios ) Noz.
. Fonte consultada :
. La Voz de Galicia , Culturas (sábado,16 de agosto de 2008).

No hay comentarios:

LinkWithin