6/9/08

Los libros de la almohada

Tiven a sorte de poder acceder a esta obra de Xosé Antonio Neira Cruz ( Santiago de Compostela, 1968) , titulada Los libros de la almohada e debo dicir que aquí temos unha historia preciosa que poderíamos traballar nas aulas e daría moito xogo como actividade de animación lectora.

O autor, fundador e director da revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana, é un dos escritores máis coñecidos e premiados das nosas letras. Recibiu, entre outros, o Premio Merlín nos anos 1988 e 2000 por Ó outro lado do sumidoiro e As cousas claras, e o Premio Barco de Vapor en 1998 por Valdemuller, que foi levada a escea en forma de teatro de títeres. Escribiu tamén O armiño dorme, A noite da raíña Berenguela...

A obra cóntanos como tras a morte da señora Huao, descubrimos o segredo que se agocha na súa almofada : nove libros que forman parte importante da súa vida . Hai un de cada cor : "El primero era blanco (...) y había sido entregado a su madre, como regalo para la pequeña, el mismo día de su nacimiento. A partir de ese se sucedían los libros, uno por cada década de vida, encuadernados en telas paulatinamente más oscuras a medida que la edad de la mujer había avanzado". Estes libros , lidos unha e outra vez pola protagonista, eran "los bienes más preciados de su propietario (...) Leer una página de los libros de su almohada era el ritual que abría el camino de los sueños, hasta que efectivamente los sueños empezaban a llegar y la lectura, puntualmente retenida en un párrafo -el primero en perder la batalla frente al cansancio-, se postergaba hasta la noche siguiente".

Con este punto de partida, o narrador cóntanos como se formou a súa almofada de lector, cales foron as persoas decisivas neste proceso e que importantes resultan para el as palabras, "porque , sea cual sea nuestro estado o condición, todos necesitamos una historia para poder vivir".

No hay comentarios:

LinkWithin