11/9/08

Un grito de amor desde el centro del mundo

Esta obra, Un grito de amor desde el centro del mundo, de Kyoichi Katayama ( Japón, 1959), está sendo todo un éxito, tal e como confirman a súa versión cinematográfica, a televisión e mesmo o mundo do cómic.

O libro comeza así : "Aquella mañana me desperté llorando. Como siempre. Ni siquiera sabía si estaba triste. Junto con las lágrimas, mis emociones se habían ido deslizando hacia alguna parte. Absorto, permanecí un rato en el futón hasta que se acercó mi madre y me dijo: "Es hora de levantarse".

A historia de amor de Aki e Sakutarô, dous adolescentes xaponeses, atrapa dende o principio . A voz de Sakutarô lembra a relación que marcou a súa vida, as súas reflexións sobre o amor e a morte e o paso do tempo.

Son interesantes as referencias literarias que podemos atopar en varios momentos da obra ( Libro de las odas, Cuento del cortador de bambú...).

  • Un grito de amor desde el centro del mundo
  • Autor: Kyoichi Katayama.
  • Editorial Alfaguara, 192 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin