28/10/08

Mes da biblioteca escolar

O día 5 de outubro comentabamos no blog que ó longo do mes levariamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar o Mes da Biblioteca escolar. Por ese motivo e, tal e como alí se dicía, comezamos o reparto dos carnés lectores, aumentamos o número de libros das bibliotecas de aula, elaboramos unha pequena exposición fotográfica... e fixemos unha actividade de animación lectora cos alumnos/as de 2º de Bacharelato A que nos pareceu interesante. Dende a biblioteca quero agradecer a colaboración prestada por alumnos e profesores. Esperamos que o resultado sexa do voso agrado.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta moi ben e anima moito a coidar a natureza mais do que a coidamos.Tamen me gusta porque este video foi grabado fora.Con sinceridade gustoume moito.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Aproveitamos que estaba unha tarde estupenda e decidimos gravar o vídeo ó aire libre. Alegrámonos de que che gustase.

LinkWithin