18/1/09

El viaje del elefante

José Saramago ( 1922, Azinhaga -Portugal) non necesita presentación, así que só vou lembrar algunha das súas obras, como Memorial del convento (1982), Ensayo sobre la ceguera (1995), Todos los nombres (1998), La caverna (2001), El hombre duplicado (2002)...

O Premio Nobel de Literatura no ano 1998, publica agora El viaje del elefante, unha obra moi divertida baseada nun feito real aínda que chea de ficción e de ironía.
Cóntanos a historia dun elefante , de nome Salomón, que no século XVI é trasladado de Lisboa a Viena e de todas as vicisitudes do camiño. Isto lle serve ó narrador para reflexionar sobre o que vai atopando e adoptar unha perspectiva irónica sobre moitos aspectos. Por exemplo, os cambios dos nomes dos protagonistas da historia, nun momento determinado ( Salomón convírtese en Solimán e Subhro en Fritz :"(...) Sí, es un nombre fácil de retener, además hay ya una cantidad enorme de *fritz en *austria, tú serás uno más, pero el único con un elefante", di o Archiduque Maximiliano nas páxinas 158-159).
*Nota : Aparecen en minúscula no texto.
  • El viaje del elefante de José Saramago.
  • Editorial Alfaguara, 270 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin