13/1/09

Traballando pola Paz

Se queredes aportar o voso gran de area pola Paz , tedes a oportunidade de participar en diferentes actividades organizadas pola Biblioteca.

. Os alumnos do 1º ciclo da ESO poderán poñer a proba as súas dotes como futuros escritores na actividade que leva por título Xogando cos clásicos. Partindo dun texto inicial, deberán continuar a historia. O tema será a Paz, por suposto, e os textos poderanse facer en galego ou en castelán. Cada titor repartirá as frases iniciais dos relatos.

. Os alumnos do 2º ciclo da ESO poderán participar cun Microrrelato que teña como moito cen palabras. O formato do texto pode ser variado : un poema, un artigo xornalístico, unha carta, un diálogo, unha entrevista...

. Os alumnos de Bacharelato poderán participar elaborando un caligrama (un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera outro obxecto).
. A data tope para entregar os traballos será o 26 de xaneiro.
. Haberá premios para os mellores.
. Os textos entregaranse na Biblioteca.
. Animádevos a participar!

No hay comentarios:

LinkWithin