11/2/09

Actividades do Día da Paz


Publicamos a continuación os traballos gañadores do concurso sobre o Día da Paz. Os alumnos premiados poden pasar a recoller o seu premio o vindeiro venres día 13 na Biblioteca, no primeiro recreo.
. Moisés Rubén Pacheco de 2ºESO C , escribiu o seguinte texto.
. Os tres porquiños : " Tres porquiños que vivían no medio do monte escoitaron que por alí andaba un lobo feroz e decidiron facer unha casa entre todos para protexerse. Mentres rifaban polo xeito de facer a casa, viron chegar unha vella que se chamaba Paz e lles dixo :
- Non debedes discutir, pois non acabaredes a tempo e o lobo chegará rápido.
Os tres porquiños puxéronse de acordo e fixeron un chalet de tres pisos de 90 metros cadrados, corrente trifásica, xardín e garaxe. Acabaron e chegou o lobo. Eles tomaron todo tipo de proteccións. O lobo, moi profesional, saltou o portal e atopou a porta. Sacou o seu kit para abrir portas. Empezou a manipular a fechadura, con agullas e ferriños. Logo abriu e activouse a alarma láser. Colocou un espello con moito coidado e abriu un pasillo entre o láser. Pasou por el e chegou ó vestíbulo. Oíu ós tres porquiños durmir arriba. Viu un detector de movementos. Lanzou unha ventosa con corda ó teito e, coma unha pantasma, elevouse no aire. Moi áxil, fixo unha maniobra con cordas e chegou ó final das escaleiras. Entrou na habitación dos tres porquiños. Pero estes espertaron e, como tiñan unha pistola cargada debaixo da almofada, apuntáronlle ó lobo. Pero recordaron pola vella Paz que a violencia era mala, así que acolleron ó lobo no seu chalet e viviron felices e comeron un pouco de todo.

. PD: De onde quitaron os cartos os tres porquiños para facer o chalet, ninguén o sabe".

. Óscar Barroso Gil de 3º ESO C é o gañador na categoría de microrrelatos.

. Carta dun anónimo ao profesor Neira
Señor Neira:
En nome da miña familia quérolle expresar o meu afecto por intentar salvar a unha muller agredida. Ela mesma dixo que non a intentara salvar, e iso non se pode aceptar, xa que arriscou a súa vida para salvar a doutra persoa acosada. Espero que cando se recupere lea este relato.
Se a miña familia presencia un acoso a unha muller ou a un home, saiba que interviremos, como agasallo da súa acción.

Boa recuperación e boa sorte.

. Esteban Benelaula Reibán, de 2º de Bacharelato foi o gañador na categoría de caligramas.

No hay comentarios:

LinkWithin