2/2/09

El fuego

Este é o título da segunda parte de El Ocho, novela de Katherine Neville sobre o mundo do xadrez e os misteriosos poderes do chamado xadrez de Carlomagno ( ver post do día 11/07/08, para ter máis información).

A acción, igual que sucedía na obra anterior, transcorre ó longo de varios países ( Rusia, Italia, Norteamérica...) e comeza cando Alexandra Solarin debe disputar unha partida de xadrez no mosterio de Zagorsk, en Rusia (en 1993). Dez anos máis tarde, en Colorado, Cat Velis, a nai de Alexandra invita a súa festa de cumpreanos a unha serie de persoas que ,dalgún xeito, están relacionadas entre sí. Sen embargo, a protagonista da festa non está alí e iso, sumado ó inusual da invitación, fai que a súa filla comece a facerse preguntas e investigar.

O relato vai complicándose por momentos. Todo parece indicar que a partida volve comezar, que, ós personaxes iniciais sumanse outros que van desempeñar un papel importante na historia ( Key, Vartan Azov, Galen March...) e , ás veces, dá a impresión de que Alexandra non se pode fiar de ninguén.

É unha novela de intriga na que as pezas finalmente encaixan, despois de reconstruir a parte da historia que vai dende os anos oitenta á época actual, así como a vida dos persoaxes que apareceran no libro anterior. Hai moitos relatos intercalados ("El relato del hombre azul", "El relato del guía"...) e tamén son moitas as citas relacionadas co mundo do xadrez, do esoterismo e da Filosofía que aparecen na historia.

  • El fuego.
  • Autora : Katherine Neville.
  • Editorial Plaza y Janés, 543 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin