15/2/09

No acosen al asesino


Unha persoa que quere permanecer no anonimato fainos a seguinte recomendación de lectura :

A xuíza Mariana de Marco investiga o crime do maxistrado Medina, do que non aparece o móbil. Na historia aparece tamén Carlos Sastre, un veraneante máis da localidade santanderina de San Pedro do Mar, que a pesar da súa introvertida e solitaria personalidade, parece estar perfectamente integrado dentro do círculo social que o rodea, pero detrás desta apariencia, escóndense os motivos da súa vinganza. Nesta novela policiaca xoga un papel importante o amor, un apaixoado romance que contrasta co desconcerto e inquietude xurdido na vila a raíz do asasinato do xuíz.

Persoalmente,penso que é un libro moi ameno, sen complicación e cheo de intriga, que non podes deixar de ler.

No hay comentarios:

LinkWithin