25/3/09

Ano Internacional da Astronomía (II)

O Departamento de Matemáticas comezou a celebración do Ano Internacional da Astronomía coa publicación dun completo artigo "Do ano estrelecido" e , dende entón, unha serie de Departamentos do noso centro ( Latín e Grego, Francés, Plástica, Galego e Castelán) e a Biblioteca, decidimos, coa axuda dos alumnos, preparar unha pequena exposición sobre este apasionante tema. Deste xeito e, mediante o traballo en equipo, puidemos revisar os nosos coñecementos de Mitoloxía, coñecer de preto o mundo dos astros, achegarnos ós planetas, ver as principais constelacións, ...

No hay comentarios:

LinkWithin