3/5/09

A clase

Nesta obra, François Bégadeau cóntanos as súas experiencias como profesor nun centro dos arredores de París. Son aulas presididas pola multiculturalidade nas que podemos coñecer de preto a docencia, no día a día. Por outra banda, aparecen tamén as relacións co resto dos colegas, as diferencias respecto ao noso sistema educativo ( o carné de clase, a figura do CPE, ...) O relato vai pasando dos alumnos aos profesores e combinando varios tipos de textos:


" Pequena folla, grandes cadrados. Chámome Ming. Teño 15 anos e son chinés. Vivo no 34 da rúa de Nantes, código postal 75019 con meus pais e ía á escola con meus compañeiros, vou en cuarto B e é un pouco difícil para min porque non falaba moi ben o francés. Os meus ben puntos é que son amable e traballador. Os meus malos puntos é que son curioso." (Páx.20)
" 1. Cales son os valores da escola republicana a como facer para que a sociedade os recoñeza? 2. Cal debe ser a función da escola, na hora de Europa e para os decenios vindeiros? 3. Cara a que tipo de igualdade debe tender a escola? " ( Páx. 52)

" Profesor, escúsome por ter actuado desa maneira cabréome con demasiada rapidez e tento calmarme. Decateime de que estava mal actuar como acavaba de facelo e por iso non o farei máis. Rógolle que acepte as miñas inceras escusas. Ndeyé." ( Páx. 91)

2 comentarios:

Oki dijo...

Estiven lendo o libro fai algúns días e teño ganas de ver a película.
E non puiden menos que comparar algunhas cousas dos sistemas educativos francés e galego...
Aínda que o meu alumnado de Arzúa non ten comparación co de "A clase"... (son moitisisisisimo máis guapiños/as sen punto de comparación)...

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Ola,Oki : Había tempo que non sabiamos de ti e alegrámonos de contactar novamente.
Seguro que o alumnado de Arzúa é guapisisisisimo (utilizando as túas palabras), pero o de Silleda non queda atrás.
Tentarei ver estes días a película e xa intercambiaremos as nosas opinións.
Un saúdo.

LinkWithin