20/5/09

Conexión Tubinga

En colaboración co Departamento de Filosofía, a Biblioteca organizou a visita ao noso centro de Alberto Canal, o autor de Conexión Tubinga, libro que leron os alumnos de 1º de Bacharelato.

Sempre é interesante falar co autor da obra que estamos a ler, e tamén é unha boa oportunidade para facer comentarios sobre o libro, intercambiar opinións, preguntar as nosas dúbidas... Hoxe o debate estivo animado e moitos fixeron preguntas e opinaron sobre os temas que saíron á luz despois da lectura.




" Comecei a ler o Existe Deus? nunha fría noite de febreiro seguindo o ritmo cadencioso que marcaba a choiva nos cristais da fiestra e aproveitando o tempo no que podiamos manter acendida a luz do cuarto, que nunca podía exceder das doce da noite. Entón cría que, aquela singradura que iniciaba polo pensamento do teólogo suízo me axudaría a atopar o camiño que me conduciría á resolución dun enigma ao que ninguén daba unha explicación convincente, pero o que non puiden imaxinar naquel momento era que aquel periplo intelectual ía abocar a miña vida por un camiño que cría non ter elixido e do cal, polo menos a priori, saín bastante malparado." ( Páx. 19)

  • Conexión Tubinga de Alberto Canal.
  • Editorial Xerais, 223 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin