18/5/09

Letras Galegas (III)

Ó longo deste mes traballaremos sobre todo as Letras Galegas así que propoñémosvos participar nunha actividade relacionada con este tema. Tendes que acertar o nome do autor que escribiu cada un dos textos que aparecerán no blog no mes de maio e o título da obra á que pertencen. Todos eles foron galardoados nas Letras Galegas e aparecen no post do día 17 de maio. Hai que indicar tamén o ano no que recibiron o galardón.Daremos, de todos os xeitos, algunhas pistas.

" Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo. O segredario de Caldas foi comido por iles cando voltaba da feira de Viana. Algúns dixeron que o mataran por arroubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de ondia o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa afuraiada por unha bala."


Pista : O autor naceu en Lugo.

No hay comentarios:

LinkWithin