3/7/09

La reina en el palacio de las corrientes de aire

Éste é o título do terceiro libro da triloxía Millenium , escrita por Stieg Larsson (Suecia,1954-2004), que tanto éxito está acadando nas listas de ventas. A vida de Lisbeth Salander parece despertar interés en todo o mundo.

Nesta terceira entrega hai dous núcleos fundamentais : por unha banda, Lisbeth está ingresada no hospital despois de ser ferida de gravidade e, por outra, continúa a investigación policial , iniciada no libro anterior, sobre ela, Zalachenko e a Säpo. Mikael Blomkvist segue axudando a Lisbeth. Agora conta con maís recursos e con máis xente que quere aclarar os feitos.

A narración ralentízase en moitos momentos pola cantidade de acontecementos que hai que investigar e os novos personaxes que aparecen ( Non debemos esquecer que se vai celebrar un xuizo contra Lisbeth Salander e non se poden deixar cabos soltos).

A triloxía, en conxunto, presenta algunhas cuestións que non resultan cribles ( Lisbeth é capaz de saír da súa tumba cunha bala na cabeza, as súas habilidades informáticas parecen esaxeradas, a súa avogada, Annika Giannini, estaba especializada en dereitos da muller pero non en casos penais...) Outros aspectos son máis convincentes ( a investigación é exhaustiva, o narrador trata cuestións relativas ao acoso que sofren as mulleres suecas con valentía, ofrece unha idea do seu país que non se corresponde coa visión que temos dende fóra...).

Gustaríame facer mención das palabras de Rubén Ventureira , publicadas no suplemento Culturas de La voz de Galicia (sábado, 27/06/2009), sobre a obra : " [...] El tiempo dirá si esta novela en tres actos es un soplo de aire sueco en la historia de la novela negra o una ventolera generalizada de millones de lectores, pero con el libro recién acabado uno tiene la sensación de que, en el campo del entretenimiento masivo Millenium es lo mejor que ha dado Suecia desde Abba."
  • La reina en el palacio de las corrientes de aire.
  • Autor : Stieg Larsson.
  • Editorial destino, 846 páxinas.

2 comentarios:

MIK dijo...

Que boa pinta!! É unha das lecturas que teño seleccionadas para este verán. Seguro que non defraudará...
Saúdos

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Esperemos que non te defraude.
Saúdos,Mik.

LinkWithin