31/8/09

El último Dickens


Cando falece Charles Dickens, no ano 1870, o derradeiro dos seus libros, El misterio de Edwin Drood, queda inacabado. Sabemos que escribiu as 6 primeiras entregas pero a obra ía constar de 12. En El último Dickens , Mattheuw Pearl tenta reconstruir os últimos anos da vida do escritor e, ao mesmo tempo, indagar no misterio que rodea esta obra.

A acción transcorre en varios países (a India, EE.UU, Gran Bretaña...) e, nun primeiro momento, estes cambios espaciais, ao igual que os saltos no tempo, desconcertan un pouco.

Será James Ripley Osgood, editor de Fields,Osgood&Co., que ten a exclusiva en América para a publicación das obras de Dickens, o encargado, xunto con Rebecca Sand, de viaxar á terra do autor para obter información sobre este enigmático libro.

Por outra banda, unha serie de mortes relacionadas coa obra non fan máis que aumentar o misterio.

A trama é complexa. Aparecen moitos personaxes, diversos temas como o tráfico de opio, a piratería literaria,...Pódese dicir que a primeira parte da novela resulta lenta. A medida que imos avanzando na lectura, vai aumentando a tensión e as últimas páxinas teñen un ritmo bastante máis rápido que o principio da novela, na que se mesturan realidade e ficción.


  • Título : El último Dickens.
  • Autor : Matthew Pearl
  • Editorial Alfaguara, 500 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin