5/9/09

Aurora boreal



" A las tres y cuarto de la mañana empieza a nevar. Al principio, con suavidad, y después con más fuerza. Por encima de las gruesas nubes, la aurora boreal se retuerce imprevisible por el cielo. Se desliza como una serpiente extendiéndose ante la mirada de las constelaciones." (Páx. 211).


Rebecka Martinsson é unha avogada especializada en Dereito fiscal que reside en Estocolmo. Escoitando a radio entérase de que Viktor Strangard, un predicador de Kirkuna, de onde ela é orixinaria, aparece brutalmente asasinado. Sanna, amiga súa e irmá do falecido, chámaa por teléfono, despois de moito tempo sen ter noticias súas. A partir deste momento ábrese unha investigación policial para descubrir o que sucedeu e Rebecka, moi ao seu pesar, entra nunha espiral na que se mesturan o presente e o pasado, do que parece que tenta fuxir.
Na novela atopamos varios temas: a hipocresía, a relixión, a pederastia, a violencia... É, por outra banda, unha obra de contrastes (Pensemos nos personaxes de Sivving ou Lova, tenros e sinceiros, ou , no polo oposto, nos pastores da congregación).
  • Título : Aurora boreal.
  • Autora : Asa Larsson.
  • Editorial Seix Barral, 381 páxinas.

Esta obra foi publicada en Suecia no ano 2003 e, catro anos máis tarde, foi levada ao cine.




No hay comentarios:

LinkWithin