6/6/10

Premios Edublogs 2010

Onte fomos a Madrid a recoller o Premio que nos concedeu a Asociación Espiral Edublogs na categoría de Blogs de Bibliotecas Escolares. O acto tivo lugar na Escola de Organización Industrial (EOI). Vivimos momentos moi emotivos, compartimos nervios e puidemos coñecer e felicitar persoalmente a outros compañeiros que foron premiados nesta e noutras categorías.
Queremos reiterar o noso agradecemento á Asociación Espiral así como a todos os que nos apoiaron, e moi especialmente a Ars Legendi (A Baña) e As Mariñas (Betanzos).
Elaboramos unha pequena montaxe coas fotografías que fixemos e que iremos completando estes días.

Viaxe a Madrid on PhotoPeach

4 comentarios:

susana dijo...

Moitísimas grazas, Ana e Belén, pola vosa compaña e amizade. Efectivamente onte foi un día de emocións e encontros imposibles de esquecer (por non falar da calor!). Un bico moi grande.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Moitas grazas a vos,Susana e Mar. Foi un día estupendo, de moita calor,iso si, pero que mereceu a pena.
Un abrazo enorme.

olga dijo...

O traballo ben feito ...e recoñecido! Parabéns e ánimos!

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Moitas grazas,Olga.
Un saúdo.

LinkWithin