31/8/11

El jardín olvidado

"Me gustaría honrar aquí a los autores que escriben para niños. Descubrir a edad temprana que detrás de las negras marcas de un papel blanco se ocultan mundos de incomparable terror, alegría y excitación es uno de los grandes regalos de la vida. Estoy enormemente agradecida a aquellos autores cuyas obras encendieron mi imaginación infantil e inspiraron en mí un amor por los libros y la lectura que han sido una constante compañía. El jardín olvidado es, en parte, una oda a ellos". (Páx. 11,12).

Seguindo a recomendación de dúas amigas comecei a ler El Jardín olvidado de Kate Morton e debo dicir que non parei ata que rematei. Esta obra atrapoume dende as primeiras páxinas. Nela atopamos unha historia que se desenrola en varios lugares (Londres, Brisbane, Cornualles...) e que presenta saltos no tempo, tratando de desvelar un segredo familiar que durante toda a súa vida intrigou a Nell, unha das protagonistas, que descoñece cales foron en realidade as súas orixes. Será Cassandra, a súa neta, quen retome a investigación, despois de herdar da súa avoa unha misteriosa cabana.
É tamén unha historia na que a literatura está moi presente a través dos relatos de fadas que Eliza Makepeace escribe continuamente e que teñen relación coa súa propia vida.
A pesar da dureza de moitos momentos narrados (non foi nada doada a vida destas mulleres), a historia ten momentos inesquecibles e, na miña opinión, merece moito a pena.

No hay comentarios:

LinkWithin