11/11/12

Os principios son importantes


“Cando eu era aínda moi rapaz, seguíase a falar do caso entre as boas xentes de Auria, cibda onde nascín e onde as cousas ocurriran. O caso contábase de moitos xeitos pro todos viñan a casar no final, que decote era o mesmo”.

  Así comeza A esmorga de Eduardo Blanco Amor, unha das novelas máis importantes da nosa literatura. Esta foi unha das obras seleccionadas para formar parte dunha pequena exposición que fixemos no noso centro, aproveitando o Día da Biblioteca (24 de outubro). Decidimos escoller o principio dalgunhas obras moi coñecidas e empregar a lingua orixinaria na que foron escritas ( Ana Karenina, Madame Bovary,...)


No hay comentarios:

LinkWithin